Lucía Eiros
Aulas infantís e Linguaxe musical
Comeza os seus estudos de gaita e clarinete na Escola Municipal de Música de Meira da man de Bruno Villamor, José Ramón Saborido e Marisa Dapereira, realizando o Grao Profesional nas especialidades de gaita e clarinete.
Posteriormente estuda o Grao Superior na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa mestra Rebeca Carrera, e complementa os seus estudos co Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, na especialidade de música. A súa formación instrumental é, ademais, ampliada por cursos realizados con referentes do mundo da gaita e do clarinete.
Compaxina a docencia coa actividade musical formando parte grupos como Fiandola, a Murga e a Banda de Gaitas de Cántigas e Frores, Lucus Ensemble e a Banda Filharmónica de Lugo, nos que desempeña as súas facetas de gaiteira e clarinetista.
Así mesmo participa en diversas gravacións, coma O gaiteiro de Santo Xusto: o son da Ulloa (2017), proxecto levado a cabo por Bruno Villamor, o traballo 70 anos (2019), da asociación Cántigas e Frores e o disco Cordame (2019) de Fiandola.