Tradescola

default

A Tradescola é un proxecto educativo de música e baile tradicional, xestionado pola agg

default
Jose Manuel López Fernández - "Josele"

Jose Manuel López Fernández - "Josele"

Gaita

Naceu en Vedra - A Coruña, no ano 1977. Comezou os estudos musicais baixo os auspicios de Delio Represas Carrera, con tan só 12 anos. Posteriormente estudiaría gaita galega, frauta de bico, clarinete e saxofón nos conservatorios de; Santiago, Profesional de Vigo, Conservatorio Mayeusis, Universidade Popular de Vigo e Conservatorio Folque de Lalín.

A súa formación nos distintos instrumentos foi complementada con Mestres de renome como: Joan Enric Luna, Xavier Pazos, Martín Baleirón ou Walter Boeykens (clarinete), Alejandro Cimadevila (saxofón), José vicente Egea e Marcel Vann Bree (dirección de banda), Paulo González (frauta de bico), Hermenegildo Fernández ou Juan Casalderrey (construcción de elementos sonoros da gaita), Edelmiro Fernández (gaita) e Patrick Molard (música bretona e escocesa).
 
Premiado como solista en diversos concursos de música tradicional como son o Memorial Manuel Villanueva e Memorial Manuel Dopazo, colabora con frecuencia con grandes agrupacións musicais e intérpretes, evidenciando así a súa gran versatilidade. Algúns deles son a Agrupación Instrumental Harmonía, a Banda Sinfónica de Galicia, Lorena Lores e Andrés Suárez entre moitos outros.

Tamén, participou na gravación de múltipes traballos musicais como Kerkennai "Un soño cotian das bolboretas", un dos mais recentes. Foi subdirector da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e Director da Banda de Música Xuvenil de Forcarei e da Banda Municipal de Ribadumia.

Actualmente compaxina a súa actividade como solista coa docencia en agrupacións e escolas de música como a Tradescola.