Tradescola

default

A Tradescola é un proxecto educativo de música e baile tradicional, xestionado pola agg

default
Germán Díaz

Germán Díaz

Zanfona

Germán Díaz naceu en Valladolid en 1978.

Cursou os seus estudos musicais na capital castelá-leonesa na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e o Curso de Postgrao de Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición.

Posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, ou Valentin Clastrier entre outros.

Perteneceu á Viellistic Orchestra, orquestra de zanfonas integrada por algúns dos mellores zanfonistasdo mundo, que desaparecería no ano 2004. Trala desaparición da agrupación, Germán, formou un dúo xunto co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, amais de cofundar o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre.

Actuou por todo o mundo (Colombia, Brasil, Alxeria, Rusia, Francia, Italia, Portugal, Austria, Bélxica, Alemaña, Bulgaria, Marrocos, Eslovenia, Finlandia, Suíza, Países Baixos, Noruega, Moldavia, Ucraína, Mauricio , Estonia, República Checa, Eslovenia, China ...) en prestixiosos escenarios e festivais como o Teatro Real de Marrakech, ConcertGebaum de Amsterdam, Universidade de Colombia, Reales Alcázares de Sevilla, Carnaval Jazz de Odessa -Ucraina-, Casa de arquitectos de Moscova, Amuz -Amberes-, StansMusic Festival -Suiza-, Storas Festival -Noruega-, European Jazz Night Festival -Oslo-, UER Festival-Finland-, Ethno Jazz Festival -Moldavia-, Centro Kulturbrauerei -Berlin-, Music Nits Fundación Miró -Barcelona -...

Colaborou con numerosas formacións e intérpretes como Uxía, Rao Trío, Viellistic Orchestra, Wafir Shekeldin Gibril, Pascal Lefeuvre, Valentín Clastrier, Joaquín Saura, Cuarteto Medieval de Urueña, Paolo Angeli, Baldo Martínez, Tasto Solo …

Publicou numerosas obras como solista e colaborou en máis dun centenar de gravacións. Compuxo B.S.O. para cine, teatro e televisión.

No ano 2004 creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de zanfonistas -como Marc Egea, Matthias Loibner...-

Ten acadado numerosos premios e recoñecementos, e está considerado como un dos mellores zanfonistas do panorama actual.