Tradescola

default

A Tradescola é un proxecto educativo de música e baile tradicional, xestionado pola agg

default
Branca Villares Naveira

Branca Villares Naveira

Canto e pandeireta e Pandeira

Naceu en Lugo no 1980. Filla de gaiteiro e de formación musical maiormente autodidacta, a  comezos dos 90 formou parte dos Colectivos Culturais María Castaña e Reviravolta de Lugo. Despois, durante case 10 anos en Liñaceira, referente pra ela na experimentación vogal e nas percusións, traballando sempre coa música galega e portuguesa como base.

Ao longo dos anos, foi percorrendo a montaña lucense, e outras partes do país,  aprendendo ritmos e melodías de man das mulleres e homes que de vello os interpretaron (informantes e grandes mestres), cunha especial querencia polas culturas  raianas e a vertente sociocultural e lúdica da música.

Leva colaborado con multitude de inciativas de divulgación e socioculturais, teatro, didáctica pra cativ@s e formacións corais, contemporáneas, orquestais, jazz, rock... e entende que as pandereteiras son cultura viva, capaces de enriquecer todas as expresións musicais posibles, comezando pola propia. E pra iso, segue aprendendo a diario.

Actualmente, forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de Canto tradicional e  Pandeira, pandeiro e pandeireta, así coma de iniciación musical pra cativ@s en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.