Tradescola

default

A Tradescola é un proxecto educativo de música e baile tradicional, xestionado pola agg

default
Alberte Núñez

Alberte Núñez

Acordeón e Acordeón diatónico

Músico e mestre. Compaxina a súa actividade como acordeonista e arreglista coas clases en asociacións das provincias da Coruña e Lugo e impartindo talleres sobre o instrumento e concertos didácticos.

Como intérprete, participa en formacións coma Comando Curuxás, Os Viqueiras de Ordes, DúbidaDúo Trío e proxectos que conxugan poesía e música como Molime (Pondaliana), ademáis de actuacións en solitario. En paralelo, ten colaborado e tocado con artistas como Tiruleque, Pablo Díaz, Pablo Pascual, Xurxo Souto...

Nos últimos anos, participa nos arranxos e gravacións de diversos traballos discográficos, baseados nas músicas tradicionais e patrimoniais, mais incorporando sons e técnicas doutros ámbitos coma o jazz e blues, choro, klezmer, folc, etc.

A pesares de ter comezado na música con 8 anos, estudando no conservatorio e asistido a diversos cursos e talleres, continúa na actualidade a súa formación con mestres de diferentes ámbitos musicais.